VELADAS DO DÉCIMO ANIVERSARIO DA ESMUTELÍN

2 DE MAIO ÁS 21:30 HORAS NO SALÓN TEATRO DO AUDITORIO DE LALÍN:
"DÉCIMO ANIVERSARIO DA ESMUTELÍN, PRIMEIRA VELADA"
Grupo Teatral "A Pedreira" de Palmou coa montaxe "O Desamor Mata", orixinal da Esmutelín. Desta peza foi representado un "Trailer", un avance, na Novena Entrega de Diplomas da Esmutelín.

30 DE MAIO ÁS 21:30 HORAS NO SALÓN TEATRO DO AUDITORIO DE LALÍN:
"DÉCIMO ANIVERSARIO DA ESMUTELÍN, SEGUNDA VELADA"
Interveñen os grupos:
Grupo de Teatro "Callejeras" do C.E.I.P. Manuel Rivero de Lalín, con: "Segunda Oportunidade", orixinal da Esmutelín.
Grupo de Teatro "Aicilag" do I.E.S. Laxeiro, con: "I.E.S. Laxeiro Informativos", orixinal de Iago Mouriño, colaborador da Esmutelín, e adaptada polo grupo.
GRUPO CONVIDADO:
Grupo de Teatro "Ruxe" do Colexio Sagrado Corazón de Lalín, con: "Edelmira II y el Dragón Gutiérrez", orixinal de Fernando Lalana e adaptada polo grupo Ruxe.

6 DE XUÑO ÁS 21 HORAS NO SALÓN TEATRO DO AUDITORIO DE LALÍN:
"DÉCIMO ANIVERSARIO DA ESMUTELÍN, TERCEIRA VELADA"
COS GRUPOS:
Grupo de Teatro "Ábrese o Pano", do C.E.I.P. Xesús Golmar de Lalín, con: "Cantando con Monstros", orixinal da Esmutelín.
Grupo de Teatro Infantil e Xuvenil "Peixesdeculores" de A Veiga, con: "Peixesdeculores Informativos", orixinal de Iago Mouriño, colaborador da Esmutelín e adaptada polo propio grupo.
Grupo de Teatro Xuvenil "Exutaliv" de Vilatuxe, con: "Air Vilatuxe", orixinal da Esmutelín.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Non me penso perder nada. Os da esmutelín enrolládesvos. Coco é un personaxe diferente e nada sería o mesmo sen el. mellor ou peor, pero igual non. seguide informando así.

Anónimo dijo...

ánimo a todos, vaivos sair ben a actuación do venres 2. Imos ir

Anónimo dijo...

MOITA MERDA, COCO.
E A TODOS OS ALUMNOS DE COCO QUE DODO VOS SAIA DE PUTA MADRE QUE SODES MOI BOS

Anónimo dijo...

Coco é xenial. estou encantada con este blog. O que fas me parece moi loable. A escola de teatro nosa é única e non hai outra igual en ningún lado. Estou encantada de pertencer a esta tribu de artistas e adoro a coco e como fai as cousas. Unha boa alumna

Coco dijo...

Agradezo a todos e os que deixaron mensaxes de ánimo no noso correo. Todos estamos nerviosos polo estreno deste venres 2 pero todo saerá ben, e como ides estar aí para velo... je, je. UNHA APERTA A TODOS