Esmutelín fai Xogos e espectáculo en Xullo como todos os anos

Este mes de xullo do 2008, tódolos martes e xoves, a Esmutelín vai poñer en marcha OS XOGOS OLÍMPICOS CON DADO "LALÍN 2008" e os espectáculo "DINOS O QUE SABES FACER".
Dende as 5 ata ás 9 da tarde.
Estase formando o equipo que traballará na organización. Se estás interesado en participar e es maior de 12 anos, apúntate gratuitamente. Chama ó teléfono de Coco: 610 900 376 ou deixa os teus datos no correo da Esmutelín.
Xa en Xuño imos xuntarnos para organizalo todo.
ANÍMATE E PARTICIPA!

0 comentarios: